O novo estabilizador de DJI suxeita o noso smartphone magneticamente
mércores, 26 de agosto do 2020
Os estabilizadores para smartphones de DJI convertéronse nos
grandes referentes do seu sector, e a cada versión do DJI Osmo Mobil
sorpréndennos con algunha innovación rechamante. No caso do Osmo Mobile 3 o
deseño do estabilizador destacaba polo seu formato encartable, que facilita enormemente
o seu transporte, e agora o DJI OM 4
revoluciona a súa categorÃa de produtos ao optar por suxeitar o noso smartphone
de xeito magnético.
Para que o noso móbil poida conectarse magneticamente co estabilizador é preciso
que o noso dispositivo móbil teña colocada na súa parte exterior traseira unha
abrazadeira magnética fina e lixeira que mantén seguro o teléfono durante o uso
do estabilizador, aÃnda que se non temos previsto utilizar más dun dispositivo
co DJI OM 4 temos a opción de adherir á traseira do noso teléfono un soporte de
anel magnético.
Aparte do orixinal sistema de suxeición o DJI OM 4 recolle as prestacións do
seu modelo anterior e incorpora algunhas novidades. Conta asà con ActiveTrack
3.0 para facilitar o seguimento de obxectos; ten un modo historia para realizar
narracións visuais valéndose de proxectos predeseñados; con DynamicZoom permite
emular o clásico efecto de travelling compensado popularizado por Alfred
Hitchcock na pelÃcula Vertixe; coa función de Panorámica CloneMe
permÃtenos encadear fotografÃas para crear unha imaxe panorámica na que o obxectivo
pode aparecer varias veces creando un efecto moi épico; e incluso inclúe
control xestual (moi práctico cando o estabilizador está colocado sobre un
trÃpode, e asà podemos disparar fotografÃas a distancia con sinxelos xestos).
O software do estabilizador tamén facilita a creación de hyperlapses, timelapses
e motionlapses; e dentro das posibilidades creativas do DJI OM 4 tamén contamos
cun modo SpinShot (que fai rotar o móbil para conseguir un impresionante efecto
de gravación; tamén pode gravar a cámara lenta e facer panorámicas de 240 graos
ou de 3x3 (ou sexa, que consegue un super grande angular ao realizar unha
composición con 9 instantáneas).
O DJI Osmo 4 é asà un produto moi práctico e versátil, que vai máis aló de
estabilizar os movementos dun dispositivo, abrindo a porta a moitas posibilidades
creativas, e que podemos mercar por 149 euros,
prezo polo que inclúen como complementos dos estabilizador o soporte de anel magnético,
unha abrazadeira magnética, unha empuñadura trÃpode, un cable de alimentación,
unha bolsa de almacenamento e una correa de mostra.
- O DJI OM4 pode manterse fixo mentres segue automaticamente o seu obxectivo ou se controla mediante xestos
VÃdeo de presentación do DJI OM4