O novo Xiaomi 12S Ultra terá unha cámara cun sensor de 1 polgada

luns, 4 de xullo do 2022 Marcus Fernández

Xiaomi presentou esta mañá a súa nova familia de móbiles de alta gama, formada polo 12S, o 12S Pro e o 12S Ultra, que aparte dunha grande potencia, destacarán polas súas impresionantes cámaras asinadas por Leica, de xeito que podemos ter os móbiles con Android que aspiran a ser un dos referentes de mercado.
O móbiles de referencia sería claramente o Xiaomi 12S Ultra, dispositivo cun procesador Qualcomm Snapdragon 8+ Gen 1, 8/12 GB de RAM LPDDR5, 256/512 GB de almacenamento UFS 3.1; unha pantalla AMOLED QuadHD+ de 6,73 polgadas cunha velocidade de refresco de 120 Hz; unha cámara traseira tripla cun sensor principal de 50 Mpíxeles e un sensor de 1 polgadas de tamaño e estabilización óptica de imaxe, un sensor grande angular de 48 Mpíxeles e un teleobxectivo de 48 Mpíxeles con estabilización óptica e un zoom óptico de 5x; a cámara frontal de 32 Mpíxeles; batería de 4.860 mAh con carga rápida de 67 watts, carga sen fíos de 50 watts e carga inversa de 10 watts; NFC, infravermellos, lector de impresións dixitais en pantalla, altofalantes estéreo desenvolvidos coa colaboración de Harman Kardon, resistencia IP68, traseira cerámica e marco de aluminio, que terá un prezo de entre 5.999 e 6.999 iuans (858 e 1.001 euros).
O Xiaomi 12S Pro é un móbil moi semellante ao Ultra, pero cunha cámara principal inferior, e unha batería de menor capacidade (4.600 mAh) aínda que con carga máis rápida (a 120 watts) mantendo o seu prezo entre os 4.699 e os 5.899 iuans (672 e 844 euros).
Por outra banda, o Xiaomi 12S é un móbil bastante diferente, xa que parte dunha pantalla AMOLED Full HD+ de 6,28 polgadas, cámaras bastante inferiores e unha batería de 4.500 mAh con carga rápida de 67 watts. O seu prezo estará entre os 3.999 e os 5.199 iuans (572 e 744 euros).
Quedamos á espera de ver cando estes novos smartphones chegarán a Europa.

O Xiaomi 12S Ultra ten resistencia IP68

Vídeo da presentación dos novos Xiaomi 12S

PUBLICIDADE