O novo CESGA será «o mellor exemplo da Galicia futura»
venres, 18 de outubro do 2024
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román RodrÃguez, visitou hoxe a parcela na que se construirá a nova sede do CESGA por valor de máis de 12 millóns de euros e no que se albergarán novas infraestruturas tecnolóxicas avanzadas. RodrÃguez definiu este proxecto como «o mellor exemplo da Galicia futura» e aproveitou a ocasión para realizar unha primeira valoración dos Orzamentos do seu departamento para o vindeiro ano, que medrarán ata superar por primeira vez os 3.000 millóns de euros.
Trátase dun crecemento do 2,2 % e acadan un novo récord histórico, o que se traduce en 66 millóns de euros máis a disposición do ensino e do I+D+i da nosa Comunidade, que ten en Compostela un dos seus referentes.
Acompañado da directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, e do director do CESGA, Lois Orosa, o conselleiro avanzou que o vindeiro luns o Consello da Xunta aprobará a construción do novo edificio do CESGA, unha entidade cuxa titularidade é compartida entre a Xunta de Galicia e o CSIC. A súa delegada en Galicia, Carmen González, estivo tamén presente no acto de presentación. En conxunto, o novo CESGA superará os 56 millóns de euros, a través de fondos propios da Xunta e fondos procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia. Para a edificación, resérvanse máis de 12 millóns de euros.
Asà mesmo, o conselleiro anunciou que a Xunta, a través da Lei de medidas fiscais e administrativas, vai crear a figura de proxecto estratéxico de investigación de iniciativa pública. O CESGA será o primeiro en solicitar esta declaración, co fin de facilitar ao máximo os trámites e prazos para levalo a cabo antes de xuño do ano 2026.
A parcela
Localizada no polÃgono da Sionlla, a parcela na que se levantará o edificio conta cunha superficie de máis de 9.100 metros cadrados e cumpre todos os requirimentos imprescindibles para desenvolver un proxecto desta complexidade técnica, asà como todos os requisito urbanÃsticos que garanten a axilidade na construción, pois o edificio debe estar rematado no perÃodo previsto para a xustificación dos fondos europeos que Galicia ven de recibir. Terá unha superficie construÃda de 2.500 metros cadrados.
Román RodrÃguez salientou que o novo CESGA é «un dos proxectos estrela da ConsellerÃa nesta lexislatura», cun edificio moderno que vai acoller novas estruturas de supercomputación, con máis capacidade, «buscando estar á vangarda en Europa, para dar servizo tanto aos nosos cientÃficos como ás nosas empresas».
Neste senso, lembrou que dos 56 millóns de euros totais, 12 millóns de euros dedÃcanse á construción, mentres que 18,6 millóns de euros serán para o Finisterrae IV, o futuro supercomputador que cubrirá tamén necesidades vinculadas á intelixencia artificial; 18 millóns de euros para o desenvolvemento de novas capacidades que impulsen o ecosistema de computación cuántica en Galicia, e 7,8 millóns de euros para o incremento da capacidade de almacenamento de datos de gran valor engadido.