O novo Apple TV 4K actualiza o seu procesador

martes, 18 de outubro do 2022 Marcus Fernández

O Apple TV 4K renóvase incorporando un procesador A15 Bionic, co que consegue un rendemento máis rápido e unha experiencia máis fluída nos xogos (pois a súa CPU é un 50% máis rápida que o da anterior xeración e unha GPU un 30% máis rápida). O dispositivo é compatible con Dolby Vision e agora tamén con HDR10+, de xeito que pode achegar películas e series coa máxima calidade a máis televisores, ofrecendo tamén un control sinxelo e intuitivo co mando Siri Remote.
O Apple TV 4K está dispoñible en 2 configuracións: con Wi-Fi e 64 GB de almacenamento na versión básica e con Wi-Fi e Gigabit Ethernet, compatibilidade con Thread e 128 GB de almacenamento na versión máis copmleta, chegando ambos modelos ao mercado o 4 de novembro a 169 e 189 euros respectivamente.
Este reprodutor multimedia avanzado poder servir como centro de domótica, compatible con HomeKit e tamén co novo estándar Matter, mentres que co protocolo Thread chega aínda a máis accesorios que funcionen con esta tecnoloxía emerxente. Con esta integración sería posible, por exemplo, poder visualizar cámaras de vixilancia compatibles na pantalla do televisor.

O Apple TV 4K permite que vexamos cámaras instaladas no fogar na pantalla do televisor

PUBLICIDADE