O multixogador aos xogos free-to-play de Xbox por fin é de balde
mércores, 21 de abril do 2021
A primeiros de ano Microsoft padeceu unha pequena crise de
reputación ao anunciar que subirÃa de prezo a subscrición Xbox LIVE Gold para
gozar do multixogador en Xbox, e para solucionalo non só prometeu manter o
prezo, senón que anunciou tamén que eliminarÃa a necesidade de pagar para poder
acceder aos xogos que fosen de balde, medida
que hoxe entra en vigor para todos os xogadores.
A partir de hoxe os usuarios dunha consola Xbox poderán gozar do xogo en liña
de máis de 50 xogos free-to-play
sen pasar por caixa, facendo asà máis atractiva a compra dunha consola de
Microsoft e facendo que a subscrición Gold a Xbox LIVE teña cada vez menos
valor, co que enténdese que Microsoft busca incentivar a subscrición a un
servizo moito máis completo: Xbox Game Pass Ultimate (que inclúe o acceso a
máis dun cento de xogo na consola e na nube).
Entre os xogos que agora poderá xogarse libremente dende Xbox están tÃtulos
como Apex Legends, Call of Duty: Warzone, Destiny 2, Fortnite, Path of Exile,
Resident Evil Revelations 2, ROBLOX, Rocket League, Rogue Company, SMITE, Warface
e Warframe, que previsiblemente incrementarán a súa base de usuarios nos
vindeiros dÃas.