O monitor Asus VG278HE terá unha velocidade de refresco de 144 Hz

venres, 27 de xullo do 2012 Marcus Fernández

Os afeccionados a videoxogos para PC levan tempo optando por pantallas a 120 Hz para conseguir unha boa experiencia de xogo, pero Asus consegue mellorar tal característica co monitor VG278HE, que sería o primeiro modelo da compañía en contar cun panel a 144 Hz, o que mellora considerablemente as imaxes amosadas durante o xogo tanto en 2D como en 3D.
Este monitor ten un panel de 1.920 x 1.080 píxeles cunha velocidade de refresco de 2 milisegundos e compatibilidade coa tecnoloxía nVIDIA 3D Vision 2 (á venda por separado). Inclúe portos HDMI, dual-link DVI e VGA, 2 altofalantes estéreo de 3 W cada un e toma de auriculares. Falta agora saber o seu prezo e a data de lanzamento na que o termos nas tendas.

PUBLICIDADE