O móbil Lumigon T2 tamén funciona como mando a distancia universal
mércores, 29 de febreiro do 2012- O móbil inclúe un sensor de infravermellos para facer as funcións de mando universal
A
danesa Lumigon levou ao Mobile World Congress de Barcelona o seu novo teléfono Lumigon T2, un elegante terminal co
sistema operativo Android 4.0 que destaca polos seus detalles en aceiro,
pantalla de 3,8 polgadas cunha resolución de 480x800 pÃxeles con cristal
Gorilla, son de grande calidade grazas á tecnoloxÃa ICEpower de Bang &
Olufsen e a posibilidade de operar como mando a distancia universal para
controlar por infravermellos o noso televisor, a nosa cadea de música ou outros
dispositivos domésticos coma o aire acondicionado.
Este móbil tamén ten unha boa cámara de 8 MpÃxeles e cun botón lateral dedicado
á mesma, facilitando o seu uso. AÃnda que a cámara integra recoñecemento
facial, tamén será posible premer sobre a pantalla nos puntos que se desexe
enfocar. Funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon a 1,4 GHz, soporta
tarxetas de memoria microSDHC de ata 32 Gb, conta con GPS, compás dixital,
Wi-Fi e Bluetooth, e tampouco prescinden de emisor/receptor de radio FM e
tecnoloxÃa NFC, de xeito que non todo é aparencia neste completo terminal que
ten un grosor de só 9,9 milÃmetros. Chegará ás tendas antes do verán.
- O Lumigon T2 contará cunha cámara de 8 MpÃxeles capaz de gravar vÃdeo en alta definición
- Este terminal coida especialmente a súa estética