O iPod Shuffle baixa de prezo e incrementa a súa capacidade

mércores, 20 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

Apple anunciou unha rebaixa do prezo do seu pequeno reprodutor iPod Shuffle, que se comezará a vender a só 45 euros. O Shuffle é o iPod máis pequeno e ponible, cun tamaño de 27 milímetros de alto, 41 milímetros de ancho e tan só 15,5 gramos de peso que revolucionou este tipo de dispositivos co seu formato de pinza.
O reprodutor só conta con 1 Gb de capacidade, pero Apple tamén anunciou que en breve venderá unha versión de 2 Gb por 65 euros. Os iPod Shuffle están xa á venda en 5 cores (prata, azul, verde, morada e vermella).

PUBLICIDADE