O empresariado de Santiago lanza un concurso de ideas para solucionar retos tecnolóxicos da industria
mércores, 21 de outubro do 2020
A
Asociación
Área Empresarial do Tambre e a Cámara
de Comercio de Santiago puxeron en marcha un concurso de ideas e
proxectos para identificar as necesidades de innovación do tecido
produtivo e dar resposta aos retos que existen tanto no sector
industrial como no ámbito da investigación. Este concurso está
destinado a persoas que teñan unha patente ou idea de negocio, mesmo
un proxecto empresarial, así como diferentes retos para propoñer a
investigadores e tamén a posibilidade de colaborar nun proxecto como
mentores.
As
iniciativas poden xirar sobre catro eixos estratéxicos: industria
agroalimentaria; saúde e envellecemento activo; industria de
transformación 4.0; e industria creativa, TIC (Tecnoloxías da
Información e a Comunicación) e turismo.
A
iniciativa enmárcase no Programa INTERREG V-A España – Portugal
(POCTEP) 2014-2020, que persegue o crecemento integrador a través
dunha cooperación transfronteiriza a favor da competitividade
empresarial, buscando a promoción do espírito empresarial,
facilitando o aproveitamento económico de novas ideas e impulsando a
creación de novas empresas –spin-offs
universitarias e start-ups innovadoras–
a través da transferencia de tecnoloxía e coñecemento neste espazo
de cooperación entre universidade e empresa en Galicia e Norte de
Portugal.
Os
socios do proxecto son Uninova – incubadora para a creación de
empresas de base tecnolóxica resultantes de proxectos de I+D da
Universidade de Santiago de Compostela–, a Asociación Área
Empresarial do Tambre, o Instituto Galego de Promoción Económica
(IGAPE), a Cámara de Comercio de Santiago, a Universidade do Porto e
a Asociación Nacional de Jóvenes Empresarios (ANJE).