O creador de Buscadestinos.com imparte en Vigo un curso de WordPress

xoves, 21 de setembro do 2017 Redacción

A semana que vén os profesionais de Vigo e contorna que anden na procura de coñecemento útil en materia de comunicación en liña, efectiva e económica, van ter oportunidade de acadalo. Máis polo miúdo, a través do Obradoiro sobre WordPress para principiantes que organizan AJE Vigo e Esterea na sede da primeira entidade (no número 21 da rúa Marqués de Valladares). A actividade será impartida os días 29 e 20 por José Alcañiz creador de Buscadestinos.com, Quipup.com ou a aplicación Wakaiti.
Alcañiz ten ás súas costas unha ampla experiencia como profesional vencellado ao mundo de Internet (dende 2000) e ten participado nunha manchea de proxectos web e de comercio electrónico.
Segundo informan os organizadores, trátase dun obradoiro eminentemente práctico onde se aprenderá a instalar, configurar e deseñar unha web ou tenda en liña, “sen necesidade de ter coñecementos de programación, e de maneira moi intuitiva”, explican dende AJE Vigo, engadindo que logo de crearen o seu espazo en liña, os alumnos terán recibirán formación sobre as ferramentas máis acaídas para xestionar páxinas web e tendas dixitais con WordPress. Asemade, coñecerán a estrutura troncal e o funcionamento de temas, widgets, menús e plugins co obxectivo de capacitalos para montar practicamente calquera tipo de web ou tenda de forma autónoma.
Alcañiz ten unha ampla experiencia como relatora e formador, sendo profesor da Escola de Negocios IESIDE Afundación desde 2010, e impartindo cursos de formación en novas tecnoloxías e mercadotecnia para a Universitat de Barcelona, Universidade de Vigo, Universidade da Coruña, Xunta de Galicia, AJE Vigo, Confederacións de Empresarios ou AMTEGA entre outros.
Horario do obradoiro
Venres 29 de Setembro, 16:00 - 20:00
Sábado 30 de Setembro, 10:00 - 14:00

PUBLICIDADE