O comunicador de Star Trek faise realidade
martes, 7 de xullo do 2015
O ano que vén celebrarase o 50º aniversario da serie de
televisión orixinal de Star Trek, o
como xeito de cumprir un dos soños de moitos dos seus seareiros, en xaneiro
porán á venda unha réplica do comunicador da serie que funcionará como mans
libres Bluetooth, de xeito que poderÃan empregarse durante chamadas
telefónicas, o que resulta especialmente atinado xa que este trebellos de
ficción están considerados como fonte de inspiración dos teléfonos móbiles.
Este curioso accesorio de coleccionista desvelouse
hoxe dentro da Comic-Con de San Diego, e consiste nun dispositivo de 22 x
13,9 x 4,8 centÃmetros que replica con grande precisión os comunicadores
empregados durante a gravación da serie (que escaneáronse en 3D mediante
láser), que pode cargarse sen fÃos mediante o seu soporte, e que incluso
integra sons e voces do universo de Star
Trek para convertelo nun dispositivo máis atractivo para afeccionados á obra
de Gene Roddenberry. Aparte de empregalo como mans libres, tamén é compatible
para a reprodución musical.
O comunicador inclúe unha funda de viaxe de grande calidade, e está
xa dispoñible para a súa reserva a través da tenda en liña oficial de Star Trek
a un prezo de 149,95 dólares mentres que tendas europeas como Firebox
tamén está a aceptar reservas a un prezo de 169,49 euros, dando a entender
que estamos ante un obxecto de colección que vai gozar dun elevado valor de
mercado (especialmente pola súa previsible alta demanda).
- O soporte do comunicador serve tamén de cargador sen fÃos