O clásico Tetris inspira unha longametraxe de Apple TV+

venres, 31 de marzo do 2023 Marcus Fernández

As adaptación de videoxogos en películas e series de televisión tenden a ser grandes decepcións, pero este ano puidemos ver como The Last of Us mudou as cousas, demostrando que os xogos podía dar pé a grandes producións audiovisuais que satisfán tanto a seareiros do xogo como ao público xeral. Pero nese caso estamos ante a adaptación dun xogo narrativo, polo que a súa transformacións transmedia resulta bastante natural, en contra do que acontece con Tetris, videoxogo de quebracabezas que sorprende ao estrearse hoxe como película en Apple TV+.
Loxicamente a película de Tetris non pode ser unha adaptación literal do xogo, narrando como caen pezas ao ritmo da música, sen do bastante peculiar o xeito no que quixeron levar o xogo á acción real: contando a historia de Henk Rogers, o comercial de videoxogos estadounidense que tras descubrir Tetris quixo levar o título soviético ao resto do mundo.
Aínda que esa historia puidémola coñecer profundamente a través de varios documentais, desta volta estamos ante unha ficción que simplemente colle a realidade como alicerce para construír unha historia de suspense ao introducir ao protagonista nunha perigosa rede de mentiras e corrupción ao outro lado do Pano de Aceiro. Un xeito bastante orixinal de achegarnos ao que para moitos é o xogo máis importante de todos os tempos, botándolle imaxinación e sorprendendo ao público.

Tráiler de Tetris

PUBLICIDADE