O centro AtlanTIC anima ao sector a investir en innovación e producir máis patentes
mércores, 5 de decembro do 2012
O potencial TIC galego é inmellorábel,
pero cómpre investir máis e innovación. E máis tendo en conta que
a liña da gráfica do investimento galego en I+D é arestora, por
desgraza, descendente, tal e
como sinalou o INE nos seus informes recentes. Que se pode facer
a este respecto? Pois segundo fixo saber o centro galego AtlanTIC nun
repaso pormenorizado polas capacidades do noso tecido
tecnolóxico-dixital celebrado en Vigo, repaso que veu da man de
Nuria Gónzalez Prelcic (que é a directora do dito centro), o que se
pode facer é o seguinte: investir máis e captar máis fondos. Ao
seu xuÃzo, xérase investigación de abondo pero poucas patentes e,
en consecuencia, non hai toda a transferencia que serÃa desexábel.
Estamos pois ante un tecido de innovación TIC, o galego, que ten
case toda a cadea completa agás os elos que aseguran o fluxo total,
Ãntegro, do coñecemento xerado e confianza absoluta no valor de
investir.
A directora de AtlanTIC, centro da
Universidade de Vigo composto por 11 grupos de I+D ligados ao eido
tecnolóxico-dixital, fixo estas declaracións no marco das
conferencias do Club Faro deste mes de decembro, celebradas no
Auditorio do Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo. A intervención
de González Prelcic desenvolveuse baixo o seguinte epÃgrafe: I+D
en Telecomunicacións en Vigo: unha aposta para a reactivación
económica.
A directora do
centro vigués foi presentada por Jorge Cebreiros, director da
asociación empresarial INEO, e a súa intervención xirou en boa
medida arredor da crise produtiva na que estamos mergullados, sector
TIC incluÃdo (aÃnda que menos que outros), e das cousas que podemos
facer para saÃrmos dela canto antes e do mellor xeito posÃbel. Por
exemplo, dixo: seguir a experiencia e o camiño xerado por algúns
proxectos galegos que van na boa dirección e que son claves para dar
exemplo de cooperación universidade-empresa-centros de I+D e de
captación de fondos. Casos como o do centro Gradiant, o Centro
Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, ao que sitou como un
dos piares do potencial tecnolóxico de Vigo, xunto coa Escola de
Telecomunicación, ou o propio centro AtlanTIC.