O calendario tecnolóxico global segue a mudar por mor da pandemia
luns, 4 de maio do 2020
Tras a vaga de cancelacións de eventos por mor da pandemia,
algúns eventos quixeron ser optimistas e simplemente adiaron a súa celebración
en previsión dunha rápida remisión da COVID-19, como foi
o caso da Game Developers Conference (GDC), que pretendÃa celebrarse
entre o 4 e o 6 de agosto no Moscone Center de San Francisco en vez da súa
habitual data de marzo, pero finalmente tiveron que revisar a situación e agora
confirman que o
evento que deron en chamar GDC Summer pasará a ser totalmente dixital.
A vindeira edición da GDC deixará asà de ser un evento presencial, con
relatorios e obradoiros presenciais, para trasladar as súas actividades á Rede,
algo que terán relativamente doado, xa que habitualmente xa celebraban bastantes
actividades en paralelo pola Internet para facilitar a participación de
desenvolvedores na distancia.
Evo 2020
Pero a GDC non é a única actividade que só terá lugar exclusivamente
en liña, senón que o principal torneo de videoxogos de loita a nivel mundial, o Evo 2020, tamén
cancela o seu encontro en Mandalay Bay, devolverá os cartos a todos os que
adquirisen billetes para o encontro e, para manter o espÃrito do evento vivo
celebrarán un evento en liña do que darán máis datos nas vindeiras semanas.
Fortnite World Cup
Outros torneos de videoxogos tamén padecen cambios
semellantes, e no caso do xogo Fortnite mantéñense os campionatos en
liña durante o que resta do ano, pero a Copa
Mundial de Fortnite queda oficialmente cancelada, xa que esta competición
desembocaba en eventos presenciais que actualmente son imposibles, e incluso resulta
imposible a realización dun torneo mundial en liña, xa que os cruzamentos entre
as distintas rexións son inviables debido aos problemas de latencia e ás
distintas zonas horarias.