O bq Aquaris 5 HD incorpora unha pantalla de 1.280 x 720 píxeles

mércores, 4 de decembro do 2013 Marcus Fernández

O pasado verán Bq incorporou ao seu catálogo o seu primeiro smartphone de grande tamaño, que presentaba unha pantalla de 5 polgadas, aínda que cunha resolución de 960 x 540 píxeles, polo que presentaría unha densidade de píxeles bastante pobre, o que veñen de solucionar co novo bq Aquaris 5 HD, que polo prezo de lanzamento do modelo anterior (199,90 euros) conta cunha pantalla IPS de 5 polgadas de alta definición (1.280 x 720 píxeles) cun ángulo de visión de 178 graos.
Este novo smartphone ten un grosor de só 9,1 milímetros e un peso de 170 gramos, funciona con Android 4.2, continúan a operar con 2 tarxetas SIM á vez e no seu interior alberga un procesador Cortex A7 de catro núcleos a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de ata 64 Gb) e batería de 2.100 mAh. A súa cámara traseira ten un sensor de 8 Mpíxeles con flash e enfoque automático, mentres que a súa cámara frontal confórmase cuns máis que dignos 1,2 Mpíxeles.


Vídeo no que introducen ao funcionamento do bq Aquaris 5 HD

PUBLICIDADE