O Zii EGG preséntase como a alternativa ao iPod Touch baseada en Android
martes, 28 de xullo do 2009- A pantalla multi-táctil do Zii EGG soporta ata 10 puntos de contacto
O novo reprodutor
multimedia portátil de Creative está a sorprender, non por contar con
innovacións importantes, senón porque o Zii EGG, claro
competidor do iPod Touch de Appple, funciona co sistema operativo Android.
O Zii EGG funciona cunha pantalla multitáctil (de ata 10 puntos de contacto) de
3,5 polgadas cunha resolución de 320 x 480 pÃxeles, con saÃda de televisión (é
capaz de reproducir vÃdeo a 720p e 1.080p), con 32 Gb de memoria interna
ampliable mediante tarxetas SDHC, con soporte dos formatos de audio e vÃdeo
máis habituais (MP3, WMA, AAC, WMV, H.264, MPEG-4, AVI e MOV), cunha
arquitectura StemCell que ofrécelle compatibilidade con OpenGL e incluso con
conectividade Wi-Fi e Bluetooth, receptor de GPS, acelerómetro, 2 cámaras,
unhas medidas de 115 × 62 x 12 milÃmetros e un peso de só 108 gramos.
Pero este impresionante dispositivo aÃnda non está en fase comercial, senón que
só conta cun número de unidades moi limitado, vendéndose a 399 dólares cada
terminal pensando na súa adquisición por parte de desenvolvedores
(aceptándose pedidos dende España), que asà poderán ir introducÃndose neste
reprodutor que cando chegue ao mercado de xeito ordinario deberÃa ser bastante
máis barato.
Presentación do Zii EGG