O ZUK Z2 Pro quere converterse no novo smartphone chinés ao que aspirar
xoves, 21 de abril do 2016
O ano pasado Lenovo
estreou a súa marca de smartphones ZUK co Z1, destacando polo seu prezo
axustado, unhas prestacións de luxo, unha baterÃa de grandÃsima capacidade e
unha decidida aposta polos portos USB-C (contando con conectividade USB 3.0,
algo que naquel momento era toda unha sorpresa), e agora volven á carga
presentando o ZUK Z2 Pro,
que mantén certa liña continuista, centrándose en mellorar as prestacións, e
cun interesante cambio de pantalla (pasando dunha IPS FullHD de 5,5 polgadas a
unha Super AMOLED FullHD de 5,2 polgadas).
Estamos ante un auténtico portento de potencial, cun procesador Qualcomm
Snapdragon 820 con 4 núcleos a 2,15 GHz, que pode adquirirse en dúas
configuracións: con 4 GB de RAM LPDDR4 e 64 GB de almacenamento UFS 2.0 (que
sairá á venda o 10 de maio) ou con 6 GB de RAM LPDDR4 e 128 GB de almacenamento
UFS 2.0 (que poderase encargar a
partires de mañá a un prezo de 2.699 iuans, que veñen a ser uns 369 euros).
Tamén destaca por unha cámara traseira de 13 MpÃxeles con estabilización óptica
de imaxe, apertura f/1.8 e un sensor de 1.34 micrómetros (que promete ser moi
superior do que estamos afeitos a ver en smartphones neste rango de prezo),
cámara frontal de 8 MpÃxeles con apertura f/2.0, WI-Fi AC, Bluetooth 4.1, baterÃa
de 3.100 mAh con Quick Charge 3.0 (a través de USB-C) e lector de pegadas
dixitais na parte frontal (que presume de ser capaz de recoñecer dedos
húmidos). Para a telefonÃa conta con bandexa para dúas tarxetas nano SIM, e
soporte LTE de categorÃa 6 (incluÃndo a moi demandada banda dos 800 MHz). Fisicamente ten un grosor de entre 4,6 e 7,45 milÃmetros e un peso de 145 gramos.
Entre as caracterÃsticas máis rechamantes deste smartphone está o feito de que
na súa parte traseira integraron un monitor cardÃaco óptico, e como grande
carencia é inevitable comentar a ausencia do NFC, que parece responder ao feito
de que tal tecnoloxÃa non é popular en China para realizar pagamentos co móbil.
AÃnda que estamos ante un smartphone comercializado dende China, ZUK conta con
servizo técnico internacional, polo que é un terminal bastante interesante,
quedando pendente de desvelarse a incógnita de se repetirán a xogada do modelo
anterior, que contou cunha versión internacional que en vez de funcionar cunha
versión de Android personalizada (ZUI) optara por unha distribución de grande
sona como é CyanogenOS.
- O ZUK Z2 Pro pode reservarse en cor branca ou negra