O ZTE GEEK funcionará cun procesador Intel Atom a 2 GHz
mércores, 10 de abril do 2013
No marco do IDF
de PequÃn, deuse a coñecer o novo smartphone ZTE
GEEK, presente neste encontro polo feito de que funciona cun procesador Clover
Trail+ Atom a 2 GHz (con tecnoloxÃa Atom de 32 nm) que nas probas
realizadas dobrou en rendemento xeral á anterior xeración de procesadores
móbiles de Intel, chegando a triplicar o seu rendemento no caso do procesamento
gráfico, apostando tamén por un menor consumo enerxético.
O ZTE GEEK conta cunha pantalla de 5 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720
pÃxeles con Gorilla Glass, 1 Gb de RAM, 8 Gb de almacenamento interno, cámaras
de 8 e 1 MpÃxeles, Wi-Fi N, DLNA, Wi-Fi Direct, Bluetooh 4.0, GPS, baterÃa de
2.300 mAh con carga sen fÃos e co sistema operativo Android 4.2.2.
No encontro asiático ZTE tamén amosou o seu tablet V98 e o smartphone Grand X
IN, ambos con procesadores de Intel.
- O novo smartphone puido verse no expositor de ZTE no IDF