O ZTE Axon Mini recoñece os ollos do usuario

martes, 26 de xaneiro do 2016 Marcus Fernández

O vindeiro 16 de febreiro chegará ao mercado español un interesante smartphone chinés, o ZTE Axon Mini, que é un dispositivo bastante potente, con acabado de aluminio e titanio, que como grande signo de distinción ten que non só pode desbloquearse cos dedos (conta con lector de pegadas dixitais) e a voz, senón que incluso pode recoñecer ao seu propietario polos ollos, prestación cada vez presente en máis dispositivos. Pese ás avanzadas prestacións, este terminal non chegará aos 400 euros de prezo (venderase libre por 389 euros).
O ZTE Axon Mini ten unha pantalla AMOLED Full HD de 5,2 polgadas con sistema Force Touch (semellante ao 3D Touch de Apple), que no seu interior agocha un procesador Qualcomm Snapdragon 616 de 8 núcleos a 1,5 GHz, gráfica Adreno 405, 3 GB de RAM e 32 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até 128 GB). Está equipado con cámaras de 13 e 8 Mpíxeles, son de alta fidelidade, batería de 2.800 mAh, un grosor de 7,99 milímetros e 132 gramos de peso.

Este novo smartphone pode desbloquearse coa mirada

PUBLICIDADE