O Xperia XZ Premium será o primeiro smartphone con pantalla 4K con HDR
luns, 27 de febreiro do 2017
O
LG G6 non vai ser o único smartphone presentado en Barcelona que presume de
pantalla, e Sony tamén está a colocar baixo os focos o Xperia
XZ Premium, un teléfono de auténtico luxo que quere levar por bandeira o
seres o primeiro smartphone en contar cunha pantalla 4K con HDR. Pero a
impresionante pantalla de 5,5 polgadas non será o único elemento no que este
dispositivo será pioneiro, senón que a súa cámara traseira de 19 MpÃxeles
sorprende coa súa tecnoloxÃa Motion Eye que permite gravar vÃdeo a 960 imaxes
por segundo, conseguindo unha cámara superlenta como nunca se viu antes nun
teléfono móbil. A nivel fotográfico tamén promete unha grande calidade de imaxe
incluso en condicións de pouca luminosidade, polo que, sumando o seu coidado
deseño, non parece haber dúbidas en que estamos ante un teléfono que destaca
nos factores que máis parece apreciar o consumidor.
O Xperia XZ Premium funcionará cun procesador Qualcomm Snapdragon 835 (que
xunto co seu modem X16 LTE poderÃa soportar descargas a través de 4G de até 1
Gbps), chegará equipado con 4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento interno,
cámara frontal de 13 MpÃxeles, Bluetooth 5.0, NFC, USB 3.1 tipo C, baterÃa de
3.230 mAh con carga rápida (Qualcomm Quick Charge 3.0) e, para completar a
ecuación, protección Corning Gorilla Glass 5 por diante e por detrás,
resistencia á auga e compatibilidade co xogo remoto de PlayStation 4.
Este novo smartphone de Sony iniciará a súa comercialización global a finais da
primavera, descoñecéndose polo momento o seu prezo de venda (presumiblemente
elevado).
- A pantalla 4K con HDR do Xperia XZ Premium permitirá gozar de contidos de grande calidade de servizos como Amazon Prime Video
- O Xperia XZ Premium é resistente á auga
VÃdeo promocional do Xperia XZ Premium