O Xiaomi MIX Flip venderase internacionalmente
xoves, 19 de setembro do 2024
No mes de xullo Xiaomi presentou o seu primeiro smartphone encartable cun formato semellante ao do Galaxy Flip de Samsung, o Xiaomi MIX Flip, que prometÃa revolucionar o mercado grazas ao seu prezo de saÃda de 5.999 iuans (762 euros), e finalmente a compañÃa chinesa parece querer que esta nova liña de produtos teña éxito internacional, polo que o fundador de Xiaomi, Lei Jun, anunciou que o MIX Flip iniciará a súa comercialización fóra de China en setembro.
A intención de vender o Xiaomi MIX Flip internacionalmente é algo bastante serio, pois os fabricantes chineses estaban a centrar a súa aposta nos encartables do estilo do Galaxy Fold (moi populares na China), e ao apostar polo formato máis compacto estarÃan a buscar un maior éxito fóra do seu territorio natural.
Lembremos que o Xiaomi MIX Flip é un móbil cun procesador Qualcomm Snapdragon 8 Gen 3, 12/16 GB de RAM, até 1 TB de almacenamento UFS 4.0, baterÃa de 4.780 mAh con carga rápida de 67 watts, cámara principal de 50 MpÃxeles, teleobxectivo de 50 MpÃxeles e cámara para autorretrato de 32 MpÃxeles (nunha perforación en pantalla) e unha configuración de pantallas bastante boa, xa que aparte da súa pantalla AMOLED interior de 6,86 polgadas cunha resolución de 2.912 x 1.224 pÃxeles, tamén conta cunha pantalla externa cunha xenerosa diagonal de 4,01 polgadas e unha resolución de 1.392 x 1.208 pÃxeles. Ambas pantallas terÃan un brillo máximo de 3.000 nits.
Temos asà un produto que claramente é un teléfono de alta gama, que aÃnda que en España vaia ter un prezo moi semellante ao do equivalente de Samsung, vai introducir a competencia nun mercado claramente dominado polo xigante surcoreano, o que confiemos que beneficie ao peto dos consumidores e potencie a innovación nun formato de teléfono que, pese a levar xa varios anos no mercado, seguen sen ter o impacto internacional que buscaban.