O Windows XP deixará de venderse preinstalado en ultraportátiles no outono
luns, 14 de xuño do 2010
AÃnda que Windows XP está considerado coma un sistema operativo obsoleto e
amortizado, os ordenadores ultraportátiles de baixo custo forzaron a Microsoft
a continuar comercializándoo, pero agora que Windows 7 é capaz de funcionar
neste tipo de equipos cun rendemento semellante (cousa que non facÃa Windows
Vista) deixa de ter sentido contribuÃr a aumentar a lonxevidade de XP, de aÃ
que dende Microsoft veñan de fixar para o
vindeiro 22 de outubro a data na que deixará de venderse XP aos fabricantes de
ultraportátiles, no que serÃa por fin o cese deste sistema operativo que hai
2 anos que deixou de venderse para equipos informáticos en xeral.
No tocante ao soporte, Windows XP SP2 deixará de recibilo o 13 de xullo,
mentres que o Windows XP SP3 (derradeira entrega do S.O.) manterá o soporte
técnico estendido (de pagamento) ata finais de abril de 2014.