O Teatro Jofre de Ferrol acolle este sábado a gala da novena edición dos Premios Youtubeiras+
venres, 6 de febreiro do 2026
O Teatro Jofre de Ferrol acolle este sábado 7 de febreiro, ás 19.00 horas, a gala de entrega da novena edición dos Premios Youtubeiras+, certame organizado polos servizos de normalización lingüÃstica dos concellos de Ames, Carballo, Ferrol, Moaña, Narón, Oleiros, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela e Teo; das universidades de Santiago, A Coruña e Vigo; e mais da Deputación da Coruña.
As persoas e canles gañadoras destes galardóns, que teñen como obxectivo promocionar o talento en galego nas redes sociais, daranse a coñecer durante unha cerimonia de entrega que presentarán Leila Fernández (membro da canle O faiado pódcast) e Carlos Vieito (integrante do proxecto Exército Mekemeke).
Na novena edición dos Premios Youtubeiras+ rexistrouse a concorrencia de 126 canles diferentes, cifra que bateu a marca histórica do concurso e supera a colleitada na edición anterior, en que participaron un total de 89 canles. Nesta edición, que recoñece o labor realizado pola comunidade creadora de contidos en galego na Rede ao longo de 2025, permitiuse a concorrencia de perfÃs en todo tipo de plataformas. Esa foi a gran mudanza nas bases, xa que na oitava edición só puido participar quen tivese perfÃs no YouTube e TikTok.
Outra novidade dos Premios Youtubeiras+ é que o certame contou por vez primeira coa categorÃa de Premio ao Mellor Pódcast. Por ese motivo, a gala significará a emisión ao vivo do primeiro episodio dun pódcast moi especial: o Pódcast Youtubeiras+. Ese será o leitmotiv da velada que conducirán Leila Fernández e Carlos Vieito. As entradas son gratuÃtas e pódense retirar xa a través da plataforma ataquilla.com, ou ben o propio 7 de febreiro no despacho de billetes do Teatro Jofre.
Os Premios Youtubeiras+ teñen sete categorÃas: Canle, Creación de contidos, Pódcast, Calidade lingüÃstica, Revelación, Rede e o Premio do Público. Todos os premios contan cunha dotación de 1000 euros, agás as dúas primeiras categorÃas, cuxos galardóns ascenden a 1250 euros.
As persoas gañadoras (agás no caso do Premio do Público, que se decide por votación popular a través das redes) foron escollidas por un xurado conformado polos seguintes membros: Mónica Valencia, técnica de Normalización LingüÃstica do Concello de Ourense; Jon Amil, médico e presidente da Associaçom Galega da LÃngua (AGAL); Carlos Pereiro, xornalista e comunicador de videoxogos; MarÃa Rúa, creadora de contidos e gañadora do Premio á Creación de Contidos de 2024, e UxÃo Broullón, ilustrador e deseñador gráfico.
