O Surface Book 2 con pantalla de 13,5 polgadas por fin pode mercarse en España
venres, 16 de marzo do 2018
Esta semana chegou ás tendas de xeito oficial o Surface
Book 2, un dos equipos máis interesantes da familia Surface porque, en vez
de ser unha tableta á que pode colocárselle unha funda-teclado, trátase dun
portátil ao que pode separárselle a pantalla (táctil e con lapis dixitalizador)
para o seu uso a xeito de tableta.
O Surface Book 2 está xa dispoñible en tendas fÃsicas e en liña con pantalla de
13,5 polgadas, mentres que o
modelo de 15 polgadas farase esperar até o 6 de abril. Estes equipos
funcionan cun procesador Intel Core de 8ª xeración, gráfica Intel Core e nVIDIA
GTX 1050 e 1060 (capaces de correr a realidade virtual de Microsoft) e grazas
ao seu Surface Pen con 4.096 niveis de presión senstitiva e inclinación
converte a este equipo nun produto moi atractivo para creativos e estudantes.
Tamén ten o seu favor contar cunha baterÃa de até 17 horas de autonomÃa e poder
equiparse con até 16 GB de RAM.
O Surface Book 2 pode colocarse en modo portátil, tableta, vista ou estudio,
converténdose rapidamente nun lenzo dixital sobre o que desatar a creatividade.
O modelo máis básico con pantalla de 13,5 polgadas ten un procesador Intel Core
i5-7300U con GPU integrada Intel HD Graphics 620, 8 GB de RAM , 256 GB de almacenamento
SSD e o seu prezo parte dos 1.749 euros, mentres que as versións con procesador
Intel Core i7 e gráfica nVIDIA GeForce GTX 1050 con 2 GB de memoria móvense
entre os 2.249 e os 3.449 euros en función da RAM (8 ou 16 GB) e do seu
almacenamento interno (entre 256 GB e 1 TB).