O Sony Xperia S sairá á venda a semana que vén en Barcelona
xoves, 23 de febreiro do 2012- O Xperia S no seu embalaxe
O Sony Xperia S,
cun procesador de dobre núcleo a 1,5 GHz, 1 Gb de RAM, 32 Gb de almacenamento
interno, pantalla de alta definición de 4,3 polgadas con Mobile BRAVIA Engine,
cámaras de 12 e 1,2 MpÃxeles, HDMI, NFC e un deseño elegante non só será o
primeiro terminal que venderase baixo a marca de Sony (tras rematar a
adquisición da parte de Ericsson da súa joint
venture), senón que tamén destacará por saÃr á venda en
primicia mundial o vindeiro mércores a 599 euros na Sony Store de Barcelona
co gallo do Mobile World Congress.
Dende Sony advirten que o número de unidades será moi limitado, polo que só os
máis rápidos poderán facerse cun destes atractivos móbiles con sistema
operativo Android que coida detalles coma o seu acabado externo ou a calidade
das súas cámaras (para poder tomar fotografÃas de grande calidade e poder rexistrar
vÃdeo en alta definición).