O Solitario de Windows celebra o seu 30º aniversario
venres, 22 de maio do 2020
O xogo
do Solitario de Windows veu a luz en Windows 3.0 en 1990, ou sexa, que está a
celebrar o seu 30º aniversario, e para facer este momento máis especial convocaron
un evento especial ao redor da versión actual do xogo, a Microsoft
Solitaire Collection, que xunta todos os meses a máis de 35 millóns de
xogadores e tras
30 anos segue a ser un dos xogos de máis éxito do mundo con máis de 100 millóns
de mans xogadas a diario.
O xogo, que o
ano pasado entrou no Salón da Fama dos Videoxogos, que pode xogarse de
balde en Windows, iOS, Android e incluso na súa versión
web, quixo celebrar as súas tres décadas cun evento no que animaban aos
incondicionais do Solitario convidar a amigos e familiares a botar unha partida
a este clásico xogo de naipes para conseguir superar o
record de partidas xogadas nun dÃa e incluso puxeron á
venda nos EE.UU. produtos de mercadotecnia conmemorando o 30º aniversario do
xogo, deixando claro que estamos ante un xogo que conseguiu converterse nun
fenómeno global.