O Samsung NC215S incorpora un panel solar para incrementar a súa autonomía
luns, 20 de xuño do 2011
Os ultraportátiles
de baixo custo vénse obrigados a renovarse ante o dano que lles están a facer
os tablets, e un destes produtos que tivo un xeito curioso de pórse as pilas foi o Samsung NC215S, que
chegará
ao mercado ruso a primeiros de agosto a un prezo de 13.999 rublos (348,36
euros) cun procesador de dobre núcleo Intel Atom N570 a 1,6 GHz, 250 Gb de
disco duro, 1 Gb de RAM, unha pantalla de 10,1 polgadas cunha resolución de
1.024 x 600 píxeles, 3 portos USB 2.0, saída VGA, lector de tarxetas de
memoria 4-en-1, unhas medidas de 259 x 179,5 x 23,6-35,8 milímetros e un peso
de 1,3 quilogramos, que destacará especialmente por contar cun panel solar na
súa carcasa o que contribúe a achegarlle unha asombrosa autonomía de ata 14,5
horas.
O panel solar deste equipo permítelle traballar 1 horas por cada 2 horas de
carga baixo a luz do sol, e tamén incorpora tecnoloxía de carga intelixente
para estender a vida da batería. Para conseguir uns tempos de posta en
funcionamento rápidos conta coa tecnoloxía Samsung Fast Start, que combina a
velocidade da saída do modo de suspensión coa estabilidade dos modos de
hibernación doutros equipos. Tamén permite a carga de dispositivos por USB
incluso co equipo apagado e a batería esgotada (valéndose do panel solar en tal
caso).
- O panel solar do Samsung NC215S facilita tanto o incremento da autonomía do ultraportátil como a carga de dispositivos por USB (incluso coa batería do equipo esgotada)