O Samsung Galaxy XCover Pro chega a España
luns, 27 de xaneiro do 2020
No
marco do CES de Las Vegas presentouse o Samsung XCover Pro, un smartphone
impermeable e a proba de choques que sorprendÃa por contar cunha baterÃa
extraÃble de 4.050 mAh, pero do que só estaba confirmado o seu lanzamento en
Finlandia, e finalmente Samsung
presenta este dispositivo para o mercado profesional español, atendendo asÃ
a demanda de produtos elegantes e duradeiros para o contorno empresarial.
Este smartphone non só ten o seu deseño resistente como grande vantaxe, senón
que tamén permite empregar os seus botóns programables para a nova función walkie-talkie
de Microsoft Teams, de xeito que serÃa a primeira solución creada por un partner
na que se emprega esta funcionalidade de push to talk que axuda a manter
o contacto entre profesionais ao longo do dÃa para comunicarse con outros
membros do equipo sobre o terreo ou cunha oficina central.
Samsung tamén traballou con KOAMTAAC, Scandit e Visa para facilitar a
integración deste smartphone en establecementos comerciais, de xeito que pode
converterse nun TPV con lector de códigos de barra e aceptación de pagamentos
con tarxetas bancarias contactless.