O Samsung Galaxy S21 FE 5G sairá á venda a semana que vén
martes, 4 de xaneiro do 2022
En setembro de 2020 Samsung sorprendÃa lanzando
unha Fan Edition dentro da familia Galaxy S20, converténdose este
smartphone en todo un supervendas ao combinar prestacións e deseño dos móbiles
insignia da compañÃa surcoreana cun prezo máis asumible (superando os 10 millóns de unidades vendidas nun ano), e aÃnda que a escaseza
de semicondutores ameazaba con deixarnos sen o seu relevo dentro da familia
Galaxy S21, o feito de que esteamos ás portas do lanzamento dos S22 non impediu
que presentasen o Samsung
Galaxy S21 FE 5G.
O novo smartphone de Samsung volve ofrecer un deseño premium e caracterÃstico,
cun marco que se integra coa carcasa do módulo de cámaras conseguindo unha
aparencia elegante e unificada. Ten un corpo de 7,9 milÃmetros de grosor e traseira
en catro cores (verde oliva, lavanda, branco ou gris escuro) con acabado mate.
Presenta unha pantalla de 6,4 polgadas cun panel Dynamic AMOLED 2X cunha taxe
de refresco de 120 Hz e unha resposta táctil de 240 Hz. Tamén inclúe protección
Gorilla Glass Victus, o que reduce a posibilidade de que rache a pantalla
accidentalmente.
A nivel de cámaras, a súa cámara traseira tripla ten sensores grande angular e ultra
grande angular de 12 MpÃxeles e teleobxectivo (até 30x) de 8 MpÃxeles, mentres
que a cámara frontal ten un sensor de 32 MpÃxeles. Conta con opcións de
gravación de vÃdeo moi completas (como a posibilidade de gravar coa cámara traseira
e a delanteira simultaneamente).
A súa baterÃa de 4.500 mAh pode cargarse até a 25 watts, permitindo que con só
30 minutos de carga poida completarse a capacidade da baterÃa até o 50%. A súa
carga sen fÃos destaca pola súa velocidade (até 15 watts) e tamén pode
empregarse para recargar outros dispositivos (como auriculares ou incluso
outros teléfonos).
O móbil non esquece resistencia IP68 e compatibilidade con Samsung Pay, e sairá
á venda o vindeiro dÃa 11 a un prezo de 759 euros con 6 GB de RAM e 128 GB de
almacenamento e a 829 euros con 8 GB de RAM e 256 GB de almacenamento. Os usuarios afiliados a Samsung PLUS poden adquirir o smartphone por a partir de 645,15 euros, recibindo adicionalmente uns auriculares Samsung Galaxy Buds2 (valorados en 149,89 euros).
VÃdeo de presentación do Samsung Galaxy S21 5G