O Samsung Galaxy Pocket alimenta a gama baixa de móbiles Android
martes, 6 de marzo do 2012
Os
fabricantes de telefonÃa móbil continúan a facer máis accesibles os smartphones, contendo as súas prestacións
para acadar uns prezos moi competitivos, e nesta liña Samsung vén de anunciar
un terminal que chegará ao mercado este ano, o Samsung
Galaxy Pocket, que limitándose ao sistema operativo Android 2.3 e cunha
pantalla de só 2,8 polgadas cunha resolución de 240 x 320 pÃxeles busca estar
ao alcance da meirande parte dos petos.
O móbil incluirá a interface gráfica TouchWiz de Samsung, a plataforma de
comunicación ChatON da compañÃa surcoreana, e a plataforma Social Hub para facilitar a comunicación cos amigos a
través de mensaxerÃa instantánea, redes sociais e correo electrónico; mentres
que a nivel de hardware limita o seu almacenamento interno a 3 Gb (ampliable
mediante tarxetas de memoria microSDHC de ata 32 Gb), contará con cámara de
foco fixo de 2 MpÃxeles, radio FM, Bluetooth 3.0, USB 2.0, Wi-Fi N, A-GPS,
baterÃa de 1.200 mAh, unhas dimensións de 103,7 x 57,5 x 12 milÃmetros e un
peso de 97 gramos.