O Samsung Galaxy Note supera os 5 millóns de unidades en todo o mundo

mércores, 28 de marzo do 2012 Marcus Fernández

A chegada ao mercado do Samsung Galaxy Note, un dispositivo que coa súa pantalla Super AMOLED de 5,3 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800 píxeles facía difícil distinguir se estabamos ante un tablet pequeno ou un smartphone enorme, polo que non estaba claro o lugar que ocuparía no mercado, pero finalmente parece que a aposta da compañía surcoreana foi todo un éxito e conseguiu distribuír xa 5 millóns de unidades, o que aínda está lonxe dos 10 millóns de Samsung Galaxy S2, pero confirma que hai espazo para terminais diferentes e de grandes dimensións.
Este móbil leva no mercado 5 meses, pero as súas vendas disparáronse o mes pasado ao chegar aos EE.UU. e espérase outro importante pulo ás súas vendas o mes que vén, cando NTT DoCoMo comezará a vendelo no Xapón na súa versión LTE.


En YouTube está a causar furor un vídeo dun elefante xogando cun Galaxy Note (ao parecer, grazas á súa enorme pantalla)

PUBLICIDADE