O Samsung Galaxy M11 chega a España cunha baterÃa moi xenerosa
martes, 10 de novembro do 2020
A familia Galaxy M busca chegar a consumidores mozos con
prezos axustados, pantallas amplas e, moi especialmente, baterÃas moi
xenerosas, e aÃnda que estes móbiles de Samsung tendan á gama media, veñen de traer
ao mercado español o Samsung Galaxy M11, un móbil que case poderiamos
considerar de gama baixa, o que non lle impide presumir dunha pantalla
Infinity-O HD+ de 6,4 polgadas, cámara traseira tripla (cun sensor principal de
13 MpÃxeles, un grande angular de 5 MpÃxeles e unha cámara de profundidade de 2
MpÃxeles), cámara frontal de 8 MpÃxeles e, como detalle máis de agradecer, unha
baterÃa de 5.000 mAh con carga rápida de 15 watts que serÃa máis que dabondo
para aguantar un dÃa completo de uso (e até 2 dÃas para moitos usuarios).
Pero cómpre advertir de que este móbil limita a súa RAM a só 3 GB e o seu
almacenamento interno a 32 GB (ampliable mediante tarxetas de memoria de até
512 GB), contando tamén con lector de impresións dixitais traseiros, ou sexa,
que serÃa un teléfono de entrada, que sae á venda oficialmente a 179
euros, aÃnda que xa
hai tendas españolas que o comercializan por menos de 160 euros, sendo
posible atopalo de
importación por uns 126 euros, de xeito que convértese nun dos terminais
máis atractivos para os que buscan un smartphone económico que teña moi boa
autonomÃa e non confÃen en segundas marcas.