O Samsung Galaxy A16 5G terá actualizacións de seguridade até 2030
luns, 7 de outubro do 2024
Samsung está iniciando a distribución europea do seu Galaxy A16 5G, un smartphone que busca axustar o seu prezo ao máximo (249 euros) á vez que ofrece unhas prestacións bastante avanzadas para un móbil de entrada e un detalle que o distingue claramente dos produtos doutras marcas neste rango de prezos: 6 actualizacións de sistema operativo garantidas (de serie chega con Android 14) con actualizacións de seguridade até o 31 de outubro de 2030.
O Samsung Galaxy A16 funciona cun procesador de 8 núcleos, 4 GB de RAM, 128 GB de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD, pantalla Super AMOLED Full HD+ de 6,7 polgadas, cámara frontal de 13 MpÃxeles nunha pestana superior, cámara traseira tripla cun sensor principal de 50 MpÃxeles (acompañado por un ultra grande angular de 5 MpÃxeles e un macro de 2 MpÃxeles), NFC, Bluetooth 5.3, baterÃa de 5.000 mAh, resistencia IP54 e un peso de 200 gramos.
Non estamos ante un dispositivo que destaque polas súas altas prestacións, pero semella recomendable para usuarios básicos que queiran empregar o teléfono durante bastantes anos coa tranquilidade de recibir actualizacións de software.