O Sabor das Margaridas recibe o Premio da Cultura Galega no apartado audiovisual

xoves, 28 de novembro do 2019 Marcus Fernández

Este ano a serie de televisión O Sabor das Margaridas fixo historia ao converterse na primeira serie en lingua galega en estrearse en Netflix, e este fito levou a que a obra veña de recibir o Premio da Cultura Galega no apartado audiovisual, galardón ofrecido pola Xunta de Galicia para recoñecer a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección da construción cultural de Galicia.
Esta ficción escrita por Ghaleb Jaber Martínez e dirixida por Miguel Conde na súa primeira tempada, ten como protagonistas a María Mera, Toni Salgado e Miguel Insua, e destacou polo seu estilo Galicia-noir que valeulle unha boa acollida internacional até o punto de garantir unha segunda tempada que está actualmente en fase de filmación.

PUBLICIDADE