O SIMO volve a IFEMA tras un ano de paréntese
martes 22 de setembro do 2009, por |

- Microsoft aproveita a celebración de SIMO Network para presentar o seu Windows 7
Os pavillóns 7 e 9 do IFEMA
acollen dende hoxe e ata o vindeiro xoves a feira tecnolóxica SIMO
Network, que pretende recoller o relevo da desaparecida SIMO
(ausente o ano pasado) cunha reformulación que buscaría adaptarse ás novas
demandas do sector.
O encontro foi inaugurado
esta mañá polo Príncipe Felipe, e contará coa
participación de 309 empresas e numerosos relatorios, obradoiros e
mesas redondas que tratarán temas como a tecnoloxía na empresa, a converxencia
dixital e a mobilidade coma chave tecnolóxica, para o que contan con expertos
principalmente españois.
Microsoft tamén aproveita a celebración deste foro para presentar en España o
Windows 7, que sairá á venda en outubro, e que busca reconciliar ás empresa coa
compañía de Redmond despois da mala aceptación de Windows Vista no contorno corporativo.
Durante o evento ReMIX 2009 que Microsoft organiza este xoves dentro de SIMO
Network, regalarán 6.000 exemplares do libro Tecnologías
ASP.NET 4.0 (Saltando desde la versión 2.0) dirixido a
programadores e elaborado pola editorial
viguesa Krasis Press. Este libro tamén distribuirase durante a xira
de presentación de Visual Studio 2010, que percorrerá toda España ata final de
ano.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















