O Redmi Note 7 terá cámara traseira de 48 MpÃxeles
xoves, 10 de xaneiro do 2019
Xiaomi presentou hoxe o seu novo smartphone da
súa serie económica, o Redmi Note 7,
que en China vai saÃr á venda por 999 iuans (128 euros) pero que polo que resulta
salientable é porque será estrea marca, xa que a partires de agora Redmi quere
converterse nunha marca de móbiles económicos, mentres que Mi centrarase na
gama alta, Black Shark no gaming e
Pocophone nos móbiles de grande potencia con prezos axustados, conformando asÃ
unha estratexia coa que queren chegar a todo tipo de usuario dun xeito segmentado.
Pero por si mesmo o Redmi Note 7 tamén terá moito que dicir, xa que falamos dun
smartphone cun procesador Qualcomm Snapdragon 660 de 8 núcleos, con até 6 GB de
RAM e 64 GB de almacenamento (ampliable mediante tarxetas microSD), pantalla de
6,3 polgadas cunha resolución de 2.340 x 1.080 pÃxeles cunha pestana superior
centrada de tamaño reducido (tipo pinga),
baterÃa de 4.000 mAh (con carga rápida por USB-C) e un apartado fotográfico que
sorprende para un móbil tan económico, xa que a súa cámara traseira dual ten unha
resolución de 48 MpÃxeles no seu sensor principal (que aprovéitase para
mesturar os pÃxeles de 4 en 4 para asà conseguir imaxes de 12 MpÃxeles máis luminosas
e nÃtidas) apoiado por un sensor secundario de 5 MpÃxeles. A cámara frontal confórmase
cuns 13 MpÃxeles.
Cómpre salientar que o sensor de 48 MpÃxeles equipado é un G1 de Samsung, estando
previsto que máis adiante saia á venda un Redmi 7 Pro cun sensor Sony IMX586.
O modelo que sae á venda en China por 999 iuans (128 euros) ten 3 GB de RAM e
32 GB de capacidade, mentres que por 1.199 iuans (154 euros) terá 4 GB de RAM e
64 GB de almacenamento e, para poder contar con 6 GB de RAM haberá que pagar
1.399 iuans (179 euros).
- O Remdi Note 7 opta por unha pestana superior de tipo pinga