O Redmi Note 7 poderá mercarse por a partires de 149 euros
mércores, 6 de marzo do 2019
Un dos smartphones do selo Redmi chamado a ser un
supervendas é sen dúbida o Redmi
Note 7, que presentouse
en xaneiro en China, onde ten un prezo de saÃda de 999 iuans (132 euros),
de aà que sorprenda que a súa chegada a España vaia ser cun incremento de prezo
que nin sequera chega ao valor do IVE, xa que o seu modelo con 3 GB de RAM e 32
GB de almacenamento poderase mercar por 149 euros, mentres que por 199 euros
poderemos facernos co modelo con 4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento.
A data de lanzamento do Redmi Note 7 en España está fixada para o vindeiro dÃa
14, e o que posiblemente sorprenda máis deste dispositivo é que pese ao seu
prezo reducido ten uns acabados propios do que se espera dun móbil de 2019 e unha
cámara traseira dual de 48 + 5 MpÃxeles.
Este atractivo móbil presenta unha pantalla Full HD+ de 6,3 polgadas cunha
pestana superior de tipo pinga para albergar unha cámara frontal de 13 MpÃxeles
con recoñecemento facial; funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 660 de 8
núcleos; ten lector de pegadas dixitais na súa parte traseira; e como un grande
reclamo para os compradores podemos destacar a súa baterÃa de 4.000 mAh con
carga rápida a través de USB-C.