O Redmi 10 Prime terá batería de 6.000 mAh

venres, 3 de setembro do 2021 Marcus Fernández

O interesante Redmi 10 de Xiaomi aínda non chegou ao mercado español e xa ten unha variante na India, o Redmi 10 Prime, que continúa a ser un smartphone con vocación económica que nesta versión mellora a súa autonomía grazas a unha impresionante batería de 6.000 mAh con carga rápida de 18 watts e carga inversa de 9 watts (ou sexa, que permite a carga doutros dispositivos grazas á súa xenerosa batería).
Estamos ante un smartphone que por especificacións pode parecer de gama media, cunha pantalla Full HD+ de 6,5 polgadas cunha velocidade de refresco variable de 90/60/45 Hz, un potente procesador MediaTek Helio G88, altofalantes estéreo, toma para auriculares, emisor para infravermellos, radio FM, resistencia a salpicaduras e con portos resistentes á corrosión, bandexa para 2 tarxetas nanoSIM e unha microSD de até 512 GB, e un apartado fotográfico notable, cunha cámara traseira cuádrupla cun sensor principal de 50 Mpíxeles e outro de ultra grande angular de 8 Mpíxeles, sí como unha cámara frontal de 8 Mpíxeles, de xeito que pouco máis podemos pedir a este dispositivo, especialmente se vemos o prezo de lanzamento que vai ter, xa que o modelo con 4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento sairá á venda o día 7 a un prezo de 12.499 rupias (144 euros), mentres que a versión con 6 GB de RAM e 128 GB de almacenamento venderase por 14.499 rupias (167 euros), prezos extraordinariamente axustados para un móbil tan completo, que probablemente estea moi demando polos usuarios que buscan un smartphone con grande batería.

Vídeo promocional do Redmi 10 Prime

PUBLICIDADE