O Realme X50 5G chega a España a un prezo de 349 euros

mércores, 8 de xullo do 2020 Marcus Fernández

Os smartphones con 5G continúan a chegar ao mercado español con certa calma, de xeito que por fin anúnciase a chegada do Realme X50 5G, smartphone presentado en xaneiro na China, e que aquí estará dispoñible nunha única versión con 6 GB de RAM e 128 GB de almacenamento interno a un prezo de 349 euros, colocándose 50 euros por debaixo do Moto G 5G Plus equivalente, converténdose nunha grande opción de compra para quen queira dar o salto á 5G.
O Realme X50 5G está equipado cun procesador Qualcomm Snapdragon 765 5G, ten unha pantalla Full HD+ de 6,57 polgadas cunha velocidade de refresco de 120 Hz, a súa batería de 4.200 mAh conta con carga rápida de 30 watts (capaz de completar unha carga en só 55 minutos), a súa cámara traseira cuádrupla conta cun sensor principal de 48 Mpíxeles e a súa cámara frontal dual ten un sensor principal de 16 Mpíxeles. Tamén conta con Wi-Fi AC, Bluetooth 5.1, NFC e refrixeración líquida, completando un dispositivo moi atractivo para os que queiran gozar de xogos no móbil e de conexións móbiles de alta velocidade sen mercar un smartphone de gama alta.

PUBLICIDADE