O Realme 10 preséntase como un móbil moi equilibrado
mércores, 9 de novembro do 2022
Realme presentou hoxe nun
evento global o que será o seu móbil de referencia de cara ao amplo
público, o Realme 10,
que cun procesador Helio G99 promete un grande rendemento, acompañado cunha
pantalla Super AMOLED de 6,4 polgadas con resolución Full HD+ e refresco de 90 Hz que
incluso destaca polo seu elevado brillo (até 1.000 nits) e resistencia (Gorilla
Glass 5).
Chegará con configuracións con até 8 GB de RAM e até 256 GB de almacenamento
interno UFS 2.2 ampliable mediante tarxetas microSD; cámara traseira dual cun
sensor principal de 50 MpÃxeles (acompañada por un sensor de profundidade de 2
MpÃxeles) e cámara frontal de 16 MpÃxeles; sendo especialmente salientable que conte
cunha baterÃa de 5.000 mAh con carga rápida de 33 watts (que promete unha carga
completa en 75 minutos).
Como curiosidade, conta con conector para auriculares (compatibles con Hi-Res Audio),
algo pouco frecuente nun teléfono deste tipo, que ten un grosor de só 7,95 milÃmetros
e un peso de 178 gramos, especialmente porque tamén presume da potencia dos seus
altofalantes (que grazas ao software permitirÃan escoitar música ao 200% do
nivel de volume).
Estamos ante un terminal moi completo e equilibrado, do que aÃnda non sabemos o
seu prezo europeo, pero que internacionalmente anuncian que custará entre 229 dólares
para a súa versión con 4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento e 299 dólares para
a versión con 8 GB de RAM e 256 GB de almacenamento, sendo bastante probable
que no noso territorio estea dispoñible só nun par de configuracións e non nas
5 que propón o fabricante.
VÃdeo de presentación do Realme 10