O Raspberry Pi 2 custará só 35 dólares e terá Windows 10 de balde
luns, 2 de febreiro do 2015
Durante varios anos o Raspberry Pi, unha solución de pequeno
tamaño e baixo custo que convida a experimentar con desenvolvementos
informáticos en distintos ámbitos, converteuse en todo un referente que
contribuÃu en grande medida á innovación por facer moi asumibles as fases de
prototipado de moitos proxectos, e agora á un importante paso ao anunciar que o
Raspberry Pi 2 está á venda por só 35 dólares (menos de 31 euros) incluÃndo
un procesador ARM Cortex A7 de catro núcleos a 900 MHz e 1 GB de RAM, sendo
capaz de correr Linux e incluso Windows 10.
Windows 10 de balde
Este produto pode executar numeroso software como WebKit, LibreOffice, XBMC...
o que abre a porta a numerosos usos como a reprodución multimedia, a xestión
domótica ou o funcionamento como ordenador de baixo custo, destacando agora
polo feito de que Microsoft
anunciou que vai dar soporte a Raspberry Pi 2 a través do Windows Developer
Program da Internet das cousas, de
xeito que será posible empregar Windows 10 totalmente de balde, co que a
compañÃa de Redmond agarda contribuÃr a que a comunidade Maker poida crear cousas incribles nos vindeiros anos.
AÃnda que este novo modelo de Raspberry Pi estea dispoñible a un prezo moi asumible, os modelos anteriores continuarán á venda, manténdose incluso o vello modelo A+ a un prezo de só 20 dólares, polo que os que estean a traballar con esta tecnoloxÃa poderá manter as anteriores versión en explotación, aÃnda que a actualización aos modelos actuais parece pagar a pena, xa que teñen un rendemento moi superior: en aplicacións para un núcleo só irÃan 1,5 veces máis rápido, pero con certos codecs de vÃdeo chegarÃan a ir a máis de 20 veces a velocidade orixinal, conseguindo multiplicar por 6 o rendemento por termo medio.