O Qualcomm Snapdragon 768G 5G estrearase nun móbil Redmi
luns, 11 de maio do 2020
Qualcomm
sorprendeu nas últimas horas ao ir da man de Xiaomi para presentar a súa nova
plataforma móbil, xa que o Snapdragon
768G 5G estrearase no Redmi
K30 5G Racing Edition, un móbil 5G de Xiaomi con cámara traseira cuádrupla
con sensor principal de 64 MpÃxeles e unha cámara frontal dobre, que poderá ter
unha boa acollida por ser un dos smartphones 5G máis económicos do mercado
(custará 1.999 iuans, ou sexa, uns 261 euros ao cambio).
O procesador Qualcomm Snapdragon 768 5G incrementa a súa velocidade de reloxo
fronte ao Qualcomm 765G no que se basea, mellorando preto dun 15% o seu rendemento
(tanto en procesador como en gráfica). Integra o modem-RF Snapdragon X52, con
soporte para todas as bandas de frecuencia e velocidades de descarga de até 5,7
Gbps, asà como tamén soporta pantallas a 120 Hz (como a equipada polo Redmi K30
5G Racing Edition) e cámaras de até 192 MpÃxeles, polo que temos aquà unha plataforma
móbil con moito potencial, que contribuirá a facer máis accesible a 5G a nivel
global.