O Porto de Vigo acolle casos de uso da 5G orientados á seguridade
mércores, 15 de setembro do 2021
O Porto de Vigo sitúase na vangarda no desenvolvemento de
solucións innovadoras baseadas en tecnoloxÃa 5G aplicadas a instalacións
portuarias ao acoller
dous casos de uso do proxecto liderado por Orange. Un relativo a vixilancia
mariña con naves non tripuladas empregando 5G, e outro para o control
automatizado de acceso ás lonxas a través do recoñecemento facial, segundo
manifestou hoxe nesta cidade a directora da AMTEGA, Mar Pereira.
O Salón de Sesións da Autoridade Portuaria de Vigo acolleu
un acto de demostración da solución para o control automatizado de acceso ás
lonxas, un dos 30 que se están a realizar en Galicia, dos que 12 son en Vigo.
Esta cidade reafÃrmase deste xeito na cabeza da adopción do 5G en España. O
sistema foi desenvolvido por Orange, que liderou este piloto xunto con Ericsson
e Inetum, e forma parte do proxecto liderado pola operadora que inclúe 13 casos
de uso, cun investimento global de 9 millóns de euros, financiado por Red.es, e
no que colaboran 20 empresas e entidades públicas e privadas.
Na presentación participaron, ademais da directora da
AMTEGA, o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Xesús Vázquez Almuiña; a
delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias; o director de Servizos
Públicos Dixitais de Red.es, Francisco Javier GarcÃa Viaira e representantes
das empresa Orange e Inetum.
Galicia é unha das dúas comunidades españolas que acolle
dous proxectos financiados por Red.es para o desenvolvemento de casos de uso
baseados en tecnoloxÃa 5G. As adxudicatarias destes proxectos foron Telefónica
e Orange. A aprobación por parte da Xunta do Plan Galicia 5G no ano 2018 e a
posta en marcha dun espazo a través da colaboración entre as administracións e
as operadores de telecomunicacións que se plasma no Nodo 5G de Galicia, sentou
as bases para a formación de alianzas e a identificación de casos de uso nos
diferentes sectores e coa colaboración de entidades y empresas
Galicia acolle na actualidade 13 casos de uso liderados por
Orange e outros 12 por Telefónica. Ademais destes dous proxectos financiados
por red.es, na nosa comunidade lévanse a cabo outros 5 pilotos nos que tamén
participa Vodafone.
As primeiras probas de uso en Galicia remóntanse ao perÃodo
2018-2019. O adianto no impulso desta tecnoloxÃa fixo que Galicia fora o
primeiro lugar do mundo no que se probou a roaming con 5G (entre España e
Portugal); e que Vigo e A Coruña foran das primeiras cidades de Europa en
dispoñer desta tecnoloxÃa.
Un total de 16 casos de uso lévanse a cabo na provincia de
Pontevedra, 6 na Coruña, 5 en Lugo e tres en Ourense.
O Porto de Vigo é unha das entidades participantes no
proxecto, como demandante de solucións innovadoras que dean resposta a
diferentes retos vencellados á transformación dixital das instalacións
portuarias. O piloto presentado hoxe permite que a persoa encargada do control
dos espazos nos que se realizan as poxas de peixe poida identificar posibles
intrusos. Para elo emprégase o recoñecemento facial e utilÃzanse algoritmos de
intelixencia artificial en base aos protocolos definidos de acceso seguro a los
recintos portuarios
O Porto de Vigo acolle tamén outro dos casos de uso de
Orange para a utilización dun sistema baseado en 5G empregando naves non tripuladas
para a vixilancia marÃtima nas augas dependentes da Autoridade Portuaria.
O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Xesús Vázquez
Almuiña destacou a importancia de aplicar esta tecnoloxÃa no Porto de Vigo, xa
que "é o futuro" e "forma parte da nosa estratexia de crecemento
azul cara aos vindeiros anos", o que traerá "grandes beneficios"
para todos os usuarios.
A directora da AMTEGA, Mar Pereira, lembrou a importancia de
situar a Galicia no desenvolvemento de produto baseado nas tecnoloxÃas de futuro,
impulsando o crecemento do ecosistema dixital e a súa especialización
tecnolóxica tal como se recolle na Estratexia Galicia Dixital
Por outra banda, sinalou que a tecnoloxÃa 5G será relevante
no desenvolvemento de proxectos dixitais sectoriais pero tamén será
imprescindible para que nunha poboación tan dispersa como a de Galicia se poida
cumprir o obxectivo de despregamento universal de banda larga ultra rápida
fixado pola UE para 2025.
Neste sentido, a Xunta xa trasladou ao Goberno de
España as prioridades de Galicia para o despregamento da banda larga ultra
rápida. Tamén advertiu na necesidade de dar prioridade á cobertura 5G es
infraestruturas estratéxicas para o territorio como son os portos, os polos
industriais e de coñecemento, asà como as principais vÃas de comunicación.