O Poco X2 preséntase como unha variante do Redmi K30
martes, 4 de febreiro do 2020
Cando
no verán de 2018 Xiaomi
estreou a marca Poco co seu Poco F1 converteuse en todo un revulsivo para o
sector, ao ofrecer un smartphone con prestacións propias dun gama alta, pero
cun prezo máis propio dunha gama media, forzando a competencia ao máximo, de aÃ
que houbese moita expectación ante o posible Poco F2, que finalmente veu a luz na
India como Poco X2, converténdose para
moitos nunha grande decepción ao ser basicamente unha variante do Redmi
K30 presentado en decembro (chegando incluso a uns prezos moi semellantes).
Temos asà que o
anuncio da segregación da marca Poco de Xiaomi atende máis a unha
estratexia comercial da compañÃa chinesa (probablemente de cara ao mercado da
India) que a unha diversificación do seu catálogo, e como constatación diso temos
que desta
volta están a comparar o novo smartphone co Realme X2, ou sexa, que a gama
económica de Xiaomi compite claramente coa gama económica de Oppo, nunha loita
bastante dura na que as especificacións e os prezos están demasiado igualados.
O Poco X2 funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 730G con tecnoloxÃa
LiquidCool, 6/8 GB de RAM LPDDR4X e 64/128/256 GB de almacenamento interno UFS
2.1, polo que estamos ante un terminal que responde ás tendencias do mercado
(de ofrecer grandes capacidades para tranquilidade dos usuarios). O smartphone
ten unha pantalla Full HD+ de 6,67 polgadas cunha velocidade de refresco de 120
Hz, a súa cámara traseira cuádrupla ten un sensor principal Sony IMX686 de 64
MpÃxeles, a súa cámara frontal dual de 20 MpÃxeles está situada nun orificio en
pantalla, o seu lector de pegadas dixitais está situado nun lateral, ten unha
baterÃa de 4.500 mAh con carga rápida de 27 watts, conta con Bluetotoh 5.0,
Wi-Fi AC e conector para auriculares.
No que a prezos se refire, o Poco X2 sae á venda por 15999 rupias (204 euros) con
6 GB de RAM e 64 GB de almacenamento interno; custa 16.999 rupias (217 euros)
con 6 GB de RAM e 128 GB de almacenamento interno; e con 8 GB de RAM e 256 GB
chega até as 19.999 rupias (255 euros); polo que poderiamos esperar que a
versión máis completa do Poco X2 chegase a España a un prezo de 299 euros,
conseguindo asà facer fronte ao Realme X2.
- Pese a non ter prestacións de gama alta, o Poco X2 promete encabezar a gama media de móbiles 4G