O Poco M6 Plus 5G proponse como un móbil de entrada moi completo
venres, 2 de agosto do 2024
O vindeiro luns sae á venda na India o novo Poco M6 Plus 5G, a un prezo que parte das 11.999 rupias (132 euros), converténdose nun interesante móbil de entrada que, pese ao seu prezo axustado conta cunhas prestacións bastante atractivas.
Falamos dun móbil cun procesador Qualcomm Snapdragon 4 Gen 2 AE, 6/8 GB de RAM, 128 GB de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD de até 1 TB, pantalla Full HD+ de 6,79 polgadas cun refresco de 120 Hz, cámara traseira dual cun sensor principal de 108 MpÃxeles (con función de zoom de 3x no sensor), cámara frontal de 13 MpÃxeles, lector de impresións dixitais lateral, emisor de infravermellos, protección IP53, conector para auriculares, radio FM, baterÃa de 5.030 mAh con carga rápida de 33 watts (e cargador incluÃdo), un grosor de 8,3 milÃmetros e un peso de 205 gramos.
É probable que este dispositivo chegue a España a un prezo de preto de 150 euros, como unha evolución do Poco M6, integrando conectividade 5G, procesador de Qualcomm e pantalla a 120 Hz como elementos diferenciais.