O Poco F3 chegará a partir dos 299,99 euros
luns, 22 de marzo do 2021
O vindeiro móbil insignia da marca Poco será o Poco F3, un smartphone con
procesador Qualcomm Snapdragon 870, 5G e pantalla AMOLED Full HD+ de 6,67
polgadas cun refresco de 120 Hz que sairá á venda
o 30 de marzo cunha promoción de lanzamento que sitúa ao modelo máis económico
nos 299,99 euros.
Este potente smartphone está equipado cun procesador aÃnda pouco coñecido, que
promete unha potencia un 12% superior que a do procesador insignia do ano
pasado e que tamén conta con memoria RAM LPDDR5 e almacenamento UFS 3.1 para
garantir un desempeño propio dos móbiles de alta gama, pese a estarmos ante un
dispositivo bastante máis económico. Nas comunicacións sen fÃos non se limita a
contar con 5G, senón que tamén ten Wi-Fi 6, podendo asà acadar grandes
velocidades de transferencia de datos.
O Poco F3 ten unha baterÃa de 4.520 mAh con carga rápida de 33 watts,
conseguindo asà un bo equilibrio entre grande autonomÃa e deseño delgado, que xunto
coa velocidade de carga evita que o usuario teñan que estar preocupado por
quedar sen baterÃa.
A cámara traseira do Poco F3 é tripla, cun sensor principal de 48 MpÃxeles,
ultragrande angular de 8 MpÃxeles e un telemacro de 5 MpÃxeles; asà como unha
cámara frontal de 20 MpÃxeles. Tamén integra 3 micrófonos e 2 altofalantes,
contando incluso con certificación Dolby Atmos. Non esquece o NFC, lector de
impresións dixitais lateral e emisor de infravermellos.
Poco X3 Pro
Pero o Poco F3 non chegará só ao mercado, senón que o dÃa 26
está prevista a chegada do Poco X3 Pro, un smartphone máis modesto que de lanzamento
custará a partir de 199,99 euros, co que busca chegar a un público máis amplo.
O Poco X3 Pro funciona cun
procesador Qualcomm Snapdragon 860, emprega almacenamento UFS 3.1 (aÃnda que na
RAM confórmase con memoria LPDDR4X), a súa pantalla Full HD+ de 6,67 polgadas
ten unha velocidade de refresco de 120 Hz e incluso contarÃa con NFC, pero si
prescindirÃa de 5G e o Wi-Fi 6 (limÃtase a Wi-Fi 5). Curiosamente gaña ao seu
irmán maior en baterÃa (de 5.160 mAh con carga rápida de 33 watts) e no feito
de incluÃr conector para auriculares, sen do moi semellantes no resto de
especificacións.
Podemos entender asà que o Poco X3 Pro serÃa un smartphone orientado a quen
busca un smartphone de boas prestacións pero aÃnda non quere dar o salto á 5G.
VÃdeo coa presentación dos novos smartphones da marca Poco