O Padriño II terá en febreiro xogo para Xbox 360, PS3 e PC
mércores, 20 de agosto do 2008O xogo baseado na
pelÃcula O Padriño pasou sen pena nin
gloria polas tendas de videoxogos e quioscos os dous pasados anos (para
distintas plataformas), pero Electronic Arts quere continuar a explotar a
franquicia cinematográfica, e anuncia que para febreiro de 2009 teremos a
adaptación de O Padriño II, xogo que
cambiarÃa bastante con respecto da anterior entrega mesturando estratexia e
acción.
O futuro xogo xa ten páxina
web oficial e trailer,
e situará ao xogador no mundo co crime organizado en 1960, distribuÃndose a
acción entre Florida, Cuba e New York, sendo esta última cidade da que se toma o
papel de Don por encargo de Michael
Corleone. Os xogadores poden asà iniciar negocios de extorsión, monopolizar o
crime organizado e derrotar a novas familias que vaian xurdindo.
Como
innovación teremos a Vista de Don,
que achega unha perspectiva na que podemos observar como medra o negocio familiar, o que resulta útil para
espallar as actividades á vez que se teñen vixiados os movementos das familias
rivais.
Trailer do xogo baseado en O Padriño II