O Oppo A7 proponse como un magnífico smartphone de entrada

venres, 16 de novembro do 2018 Marcus Fernández

O fabricante chinés Oppo, cada vez máis presente en Europa e con distribución oficial en España, continúa a ampliar o seu catálogo de terminais, e o seu último lanzamento resulta bastante interesante por pretender ser un smartphone de entrada bastante completo, que por 1.599 iuans (202 euros) inclúe un procesador Qualcomm Snapdragon 450 con 4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento.
Pero a cousa non queda aí, xa que o Oppo A7 chega cunha pantalla de 6,2 polgadas cunha resolución de 1.520 x 720 píxeles (con pestana superior), cámara traseira dual de 13 + 2 Mpíxeles, cámara frontal de 16 Mpíxeles, lector de pegadas dixitais. Bluetooh 4.2 e, especialmente, unha batería de 4.230 mAh (que en combinación coa súa resolución de pantalla debería garantir unha autonomía magnífica).
É de esperar que chegue pronto ao mercado español, no que podería encaixar ben polo seu grande equilibrio entre prestacións e prezo.

PUBLICIDADE