O Nokia Lumia 900 ve a luz en Las Vegas

martes, 10 de xaneiro do 2012 Marcus Fernández

Cumprindo coas expectativas, o CES de Las Vegas foi o escenario elixido por Nokia e Microsoft para anunciar o novo membro da familia Lumia, un terminal que chegará aos EE.UU. da man de AT&T e que incorporará conectividade LTE (con descargas ata a 50 Mbps) como elemento diferencial. O Nokia Lumia 900 funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon APQ8055 + MDM9200 a 1,4 GHz, ten 512 Mb de RAM, cámara de 8Mpíxeles, elementos polos que sería igual que o Lumia 800, pero hai unha grande característica externa que distingue ambos modelos: a pantalla AMOLED ClearBlack de 4,3 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles coa que conta o Lumia 900. Tamén cómpre destacar que o Lumia 900 conta cunha cámara frontal de 1 Mpíxel para realizar videoconferencias, característica ausente en boa parte dos terminais con Windows Phone.
Para compensar a pantalla de maior tamaño tamén pasa incorporar unha batería de 1.840 mAh, coa que promete 7 horas de conversa e 300 horas en espera.


Presentación do Nokia Lumia 900 durante o CES de Las Vegas

Inicialmente o Nokia Lumia 900 só estará dispoñible en negro e azul ceo
O Lumia 900 conta cunha cámara de 8 Mpíxeles con óptica Carl Zeiss

PUBLICIDADE