O Nokia Lumia 800 terá versión en branco
luns 6 de febreiro do 2012, por |
O móbil Nokia Lumia 800
foi chegando ao noso mercado en distintas cores ata a súa gama cromática
inicial (negro, azul e rosa), o que resultaba evidente que só sería o comezo,
confirmándose agora que a finais de mes no mercado europeo teremos
unha versión coa carcasa en cor branca. O terminal coincide en prezo (uns
499 euros libro) e prestacións co resto de Lumia 800, buscando simplemente
ofrecer un maior abano de cores aos seus compradores, para que adquiran o móbil
que máis se axuste aos seus gustos estéticos.
O Nokia Lumia 800 funciona co sistema operativo Windows Phone 7.5, un
procesador de 1,4 GHz, pantalla curva AMOLED de ,37 polgadas ClearBlack, cámara
de 8 Mpíxeles con enfoque automático, dobre flash LED e gravación de vídeo en
alta definición e un peso de 142 gramos. Para diferenciarse doutros terminais
con Windows Phone, non só ten unha aparencia máis elegantes, senón que tamén
inclúe software exclusivo de Nokia, como Nokia Drive (navegación GPS) e Nokia
Music (co servizo de música en streaming
MixRadio).
Os países aos que antes chegará o novo terminal son Reino Unido, Alemaña,
Francia, Italia, Países Baixos, Escandinavia, Finlandia, Polonia, Suíza e
España.

- Tras as cores vermella, azul e negra, agora o Nokia Lumia 800 terá versión branca
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
















